lunes, 10 de junio de 2013

PROGRAMA de EstéNarúa, Festival Galego de Teatro Amador de Galiza. Ferrol. ESPAÑA


EstéNarúa é o Festival Galego de Teatro Amador de Galiza, un Festival no que se amosa a cidadanía o traballo dos diversos grupos de teatro afeccionado que traballan o longo do territorio da Comunidade Autónoma de Galiza. 

Por outra banda é un espazo para a convivencia entre os actores e actrices integrantes dos diversos grupos de teatro e de intercambio de coñecementos, opinións, e para levar a cabo iniciativas en conxunto sobre o teatro afeccionado en Galiza.

Poderán participar todos aqueles grupos de teatro amador de Galicia que acepten as condicións reflectidas nas bases.

Poderéran participar todas aquelas persoas que o desexen de xeito individual, aínda que non pertenzan a ningúnha agrupación teatral.

Na edición do ano 2013 establécese un número máximo de 13 grupos.

Modalidades:

Espectáculos curtos (sketchs):Non sobrepasarán os 10 minutos de duración e presentaránse en espazos abertos da cidade de Ferrol, dentro dun percorrido deseñado pola Organización. Nesta edición a Asociación Cultural e Ártistica Ti e máis eu Teatro é a encargada da posta en marcha do Festival “EsténNarúa”. (No caso de que haxa inclemencias meteorolóxicas, as actuacións trasladaránse a espazos cobertos).

Espectáculo teatral completo: Levaráse a cabo a REPRESENTACIÓN DUNHA OBRA DE TEATRO que terá como escenario o Centro Cultural Torrente Ballester. A Organización dotará con 150 € ao grupo de teatro  PARA AXUDA DO TRANSPORTE.

As obras presentadas desenvolveranse, preferentemente, en galego

Enviarase a FICHA DE INSCRICIÓN E VIDEO da obra (ANEXO I)   por correo ordinario certificado antes do 13 de Xullo a o noso domicilio social:

ASOCIACIÓN CULTURAL “TI E MAIS EU TEATRO”.
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 16 Baixo, porta 1
15401 – FERROL.

OUTROS DATOS DA ASOCIACIÓN:
Correo electrónico: tiemaiseuteatro@yahoo.es
TELEFÓNOS: 677893176 (Fina.)  677776342 (Ángeles.).

Enviarase, antes do 13 de Xullo, por correo electrónico, a información indicada nas BASES