domingo, 16 de marzo de 2014

II Festival Galego de Teatro Amador EstéNarúa 2014, Ferrol. ESPAÑA


Convocase o II Festival Galego de Teatro Amador EstéNarúa 2014, que se celebrá en Ferrol o 24 e 25 de Maio de 2014

O Festival de Teatro Amador ten como ámbito a Comunidade Autónoma de Galicia, máis na súa segunda edición, adquirirá un ámbito tanto Nacional coma Internacional debido as novidades engadidas no Programa do Evento .

Poderán participar:
Persoas ou Grupos Teatro:
  • Poderán participar todos aqueles grupos de teatro amador de Galicia que acepten as condicións reflectidas nas bases.
  • Poderéran participar todas aquelas persoas que o desexen de xeito individual, sempre e cando pertenzan algunha agrupación teatral de carácter afeccionado/amador.
  • Na edición do ano 2014 establécese un número máximo de 13 grupos.
Programadores/as e Técnic@s Culturais:
  • Poderán participar @s Programadores/as Técnic@s Culturais en representación de calquera Concello.
  • Deberán aboar por persoa de 49 € antes do 15 de Maio (En concepto de Aloxamento, Xantar, Cea, Almorzo e Picnic.)
Modalidade Única: Espectáculos curtos (sketchs):

Non sobrepasarán os 15 minutos de duración e presentaránse en espazos abertos da cidade de Ferrol, dentro dun percorrido deseñado pola Organización. A Asociación Cultural e Ártistica Ti e máis eu Teatro é a encargada do Festival “EsténNarúa”. (No caso de que haxa inclemencias meteorolóxicas, as actuacións trasladaránse a espazos cubertos).

O  II Festival de Teatro Amador EstéNarúa  terá lugar os días 24 e 25 de Maio de 2014 en Ferrol.

Poderanse presentar todos aqueles espectáculos que teñan en marcha os grupos participantes.

As obras presentadas desenvolveranse, preferentemente, en galego. 

Cumprimentarase o Formulario de Inscrición telemático  antes do 15 de Abril 

A gravación das montaxes enviarase, como indican as BASES, mediante correo ordinario certificado a o noso domicilio social, ou poderase remitir por outros medios de carácter telemático, Dropbox, enlace Youtube, etc.. antes do 15 de Abril

Datos para os envíos:
ASOCIACIÓN CULTURAL “TI E MAIS EU TEATRO”.
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 16 Baixo, porta 1
15401 FERROL.

Outros datos da asociación:
Correo electrónico: tiemaiseuteatro@yahoo.es
TELEFÓNOS: 677893176 (Fina.)  677776342 (Ángeles.).