martes, 14 de octubre de 2014

VI Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2015. A Coruña. ESPAÑA

Convocase o VI Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2015, organizado pola Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos aberto a grupos de teatro afeccionado.

O VI Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos terá lugar no mes de febreiro de 2015. Máis concretamente os sábados 7, 14, 21 e 28 de dito mes.

O horario das representacións será ás 20 horas.

O lugar de tódalas representacións será a Aula de Cultura Xulio Cuns, situada nos baixos do Edificio Liceo (praza de Galicia no 1).

Cada grupo pode presentar o número de obras que desexe, das cales só poderá ser seleccionada unha.

As obras poderán ser representadas tanto en galego como en castelán e deberán ter unha duración mínima de 60 minutos.

Toda compañía que desexe participar no Encontro deberá enviar á Agrupación Teatral Mariñán a documentación que se indica nas BASES por correo electrónico á dirección: agrupacionteatralmarinan@gmail.com  
Ou por correo postal á dirección:
Agrupación Teatral Mariñán
Rúa Compostela, no 5, 2o C.
15160 Sada, A Coruña.
Especificando: VI Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2015.

O prazo límite para a presentación da documentación conclúe o 30 de novembro de 2014

A organización abonará a cantidade de 300 € a cada compañía seleccionada para o Encontro en concepto de dietas por participación.

Documentos do VI ENCONTRO