sábado, 12 de marzo de 2016

III Mes do Teatro Afeccionado Pontedeume en Obras de A Coruña. ESPAÑA.

Convocase o III Mes do Teatro Afeccionado Pontedeume en Obras que terá lugar os, sábados 7,14, 21 e 28 de maio de 2016.

O horario das representacións será ás 20:30 horas. O lugar de tódalas representacións será o Salón de actos do IES Breamo situado na Rúa Ricardo Sánchez nº5, Pontedeume.

O Encontro só está aberto a grupos de teatro afeccionado. Cada grupo pode presentar o número de obras que desexe, das cales só poderá ser seleccionada unha. As obras poderán ser representadas tanto en galego como en castelán e deberán ter unha duración mínima de 45 minutos.

Toda compañía que desexe participar no Encontro deberá enviar documentación recollida nas BASES a calquera das seguintes direccións: pontedeumeenobras@gmail.com, ou por correo postal á dirección: Rúa Real nº13 15600 (A Coruña) Especificando: III Encontro de Teatro Afeccionado Pontedeume en Obras.

O prazo límite para a presentación da documentación conclúe o luns 8 de abril de 2016.

A organización abonará a cantidade de 250 € a cada compañía seleccionada para o Encontro en concepto de caché de participación.

Descarga nos seguintes enlaces…

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Somos defensores de la libertad de expresión siempre y cuando vaya firmada. No se admiten comentarios anónimos.