jueves, 1 de diciembre de 2016

Ciclo Domingos a Escena 2017 de Ferrol, para grupos de Galicia. ESPAÑA

Convócase o ciclo Domingos a Escena 2017, que estará organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol.

A participación está aberta a todos os grupos de teatro afeccionados de ámbito autonómico.

Os grupos que opten á participación deberán cubrir o formulario e a documentación indicadas nas BASES. A documentación que se presente deberá ser orixinal ou copia compulsada.

A información e documentación requirida deberá remitirse no prazo de dez días hábiles (ata o 14 de decembro de 2016) contados a partir da data de publicación no DOGA do anuncio desta convocatoria para poder participar no ciclo entre os meses de xaneiro a maio de 2017.

E deberá remitirse dende o 01.06.2017 ao 11.06.2017 para a participar no ciclo entre os meses de setembro a decembro de 2017, ao seguinte enderezo:
Ciclo Domingos a Escena
Concello de Ferrol
Concellería de Cultura
Praza de Armas, s/n
15402 Ferrol

Non haberá limitacións ao número de grupos e propostas. Ningunha obra poderá ter sido representada anteriormente no ciclo Domingos a Escena.

As actuacións terán lugar os domingos no Centro Cívico de Caranza entre xaneiro e maio de 2017 e entre setembro e decembro de 2017.

Pagamentos. Cada grupo participante recibirá 550 euros brutos. Nos grupos que non pertenzan a unha entidade exenta da presentación do IVE, a antedita cantidade incluirá o IVE. É necesario en todos os casos emitir factura a nome do Concello de Ferrol.



Mais información: http://www.domingosaescena.com