sábado, 14 de enero de 2017

O Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2017 presenta a sua programación

A Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos presenta o Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2017 que nesta súa 8ª edición ofrece a novidade de contar por primeira vez con grupos de fóra da nosa comunidade e incluso do veciño Portugal.

Seguindo o criterio de levar a Betanzos o mellor teatro afeccionado para disfrutalo de maneira non competitiva, a organización escolleu as catro obras que compoñen esta edición dun total de 46 presentadas, o que tamén supón a maior afluencia de peticións desde que no ano 2010 dera comezo esta cita teatral.

As representacións serán de acceso gratuíto igual que en edicións anteriores e terán lugar, como xa é tradición, durante os sábados de febreiro ás 20:00 h na Aula de Cultura Xulio Cuns

Día 4: Cervanterías de Medievándalos (Santiago de Compostela).

Teatro clásico do século de ouro para todos os públicos.
Unha selección de entremeses de Cervantes de 60 minutos de duración gañadora do 1º premio da categoría senior no XIX Certame Candilejas Don Bosco 2016.

Día 11: La puta enamorada do Grupo de teatro Intercazia (Benavente, Zamora). Organizadores do Certamen Nacional de teatro para aficionados Ciudad de Benavente
Drama histórico para maiores de 16 anos e de 90 minutos de duración premiado nos certames de Palencia e Cáceres do ano 2014.
Na España de Felipe IV, Diego de Velázquez recibe o encargo de pintar un cadro.

Día 18: Frankenstein Grupo de teatro Badius (Baio).

Comedia para todos os públicos de 90 minutos de duración.
Unha visión nova do mito baseada na famosa película de Mel Brooks.

Día 25: À deriva de Ajidanha (Idanha a Nova, Portugal).

Comedia para maiores de 6 anos e 60 minutos de duración representada con éxito desde o 2013 en escenarios de Portugal e España.

Que poden comer tres náufragos navegando á deriva nunha balsa?

A segunda novidade desta edición será a representación que a  Agrupación Teatral Mariñán fará do seu último espectáculo O de menos é o nome o domingo 26 ás 19:00hestreado o ano pasado con tal afluencia de público que fixo necesaria esta reposición.

Comedia para todos os públicos de 75 minutos de duración.
O que ocorre cando nos poñemos a falar e sacamos todo o que levamos agochado dentro.
  
Para unha información detallada de cada unha das representacións pódese consultar: