Convocase o I FESTIVAL DE TEATRO AMADOR GALEGO AMATEGA que
ten como ámbito a Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán participar todos aqueles
grupos de teatro amador de Galicia que estean federados na Federación de Teatro
Amador Galego Amatega que acepten as condicións reflectidas nas bases e tamén
todos aqueles grupos de teatro amador de Galicia que non estean federados.
Na edición do ano 2015 establécese
un número máximo de 10 grupos.
Modalidade Espectáculos curtos (sketchs): Non sobrepasarán
os 20 minutos de duración e presentaránse en espazos abertos da cidade de Vigo,
dentro dun percorrido deseñado pola Organización. Nesta edición a Asociación
Teatro Estepario, A Asociación Arte Pingüe Teatro, xunto coa Federación de
Teatro Amador Galego Amatega é a encargada da posta en marcha do Festival
Amatega.
O I Festival de Teatro Amador Galego
Amatega terá lugar o día 6 de Xuño de 2015 en Vigo.
Pode consultarse o programa nas BASES do FESTIVAL
Poderanse presentar todos aqueles espectáculos que teñan en marcha os
grupos participantes. As obras presentadas desenvolveranse, preferentemente, en
galego.
Enviarase a FICHA DE INSCRICIÓN A través da web da Federación:
CUMPRIMENTANDO A FICHA DE INSCRIPCIÓN NA WEB DA FEDERACIÓN:
Páxina web: www.amatega.es
Correo electrónico: federacionamatega@gmail.com
programación@teatroestepario.com
TELEFÓNOS: 628011709/693434756/667232679
A Organización non se responsabiliza das taxas de dereitos de autor, Sgae,
contidos e demais incidencias que se poidan derivar da representación dos
espectáculos de cada un dos grupos participantes.
A Organización realizará a selección das obras participantes no FESTIVAL
AMATEGA e comunicará a resolución. Unha vez comunicada a selección dos grupos,
estes deberán efectuar o ingreso correspondente ao custo dos servizos
utilizados (hotel, xantar, cea, almorzo). Hotel Axis : Habitación + almorzo: 35€
Xantar: 10€ Cea: 10€ Pensión completa: 50€.
BASES completas neste enlace: BASES
Mais información: www.amatega.es