Convócase
o ciclo Domingos a Escena 2017, que estará organizado pola Concellería de Cultura
do Concello de Ferrol.
A
participación está aberta a todos os grupos de teatro afeccionados de ámbito autonómico.
Os
grupos que opten á participación deberán cubrir o formulario e a documentación
indicadas nas BASES.
A documentación que se presente deberá ser orixinal ou copia compulsada.
A
información e documentación requirida deberá remitirse no prazo de dez días hábiles (ata o 14 de decembro de 2016) contados a partir da data de publicación no DOGA do anuncio desta convocatoria
para poder participar no ciclo entre os meses de xaneiro a maio de 2017.
E
deberá remitirse dende o 01.06.2017 ao 11.06.2017 para a participar no ciclo
entre os meses de setembro a decembro de 2017, ao seguinte enderezo:
Ciclo
Domingos a Escena
Concello
de Ferrol
Concellería
de Cultura
Praza
de Armas, s/n
15402
Ferrol
e-mail:
cultura@ferrol.es
Non
haberá limitacións ao número de grupos e propostas. Ningunha obra poderá ter sido
representada anteriormente no ciclo Domingos a Escena.
As
actuacións terán lugar os domingos no Centro Cívico de Caranza entre xaneiro e maio
de 2017 e entre setembro e decembro de 2017.
Pagamentos.
Cada grupo participante recibirá 550 euros brutos. Nos grupos que non pertenzan
a unha entidade exenta da presentación do IVE, a antedita cantidade incluirá o IVE.
É necesario en todos os casos emitir factura a nome do Concello de Ferrol.
Mais
información: http://www.domingosaescena.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Somos defensores de la libertad de expresión siempre y cuando vaya firmada. No se admiten comentarios anónimos.