miércoles, 1 de noviembre de 2017

IX Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2018. Betanzos, A Coruña. ESPAÑA.

Convocase o IX Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos que terá lugar os sábados 3, 10, 17 e 24 de febreiro de 2018.

O lugar de tódalas representacións será a Aula de Cultura Xulio Cuns, situada nos baixos do Edificio Liceo (praza de Galicia no 1). O horario das representacións será ás 20:00 horas.

Dado o seu carácter, o Encontro só está aberto a grupos de teatro afeccionado.

Cada grupo pode presentar o número de obras que desexe, das cales só poderá ser seleccionada unha.

As obras poderán ser representadas tanto en galego como en castelán e deberán ter unha duración mínima de 60 minutos.

Non se poderán presentar obras seleccionadas en edicións anteriores deste certame, pero si poderán participar compañías que teñan participado en anos anteriores.

Todo grupo que desexe participar no Encontro deberá enviar a documentación indicada nas BASES, especificando: IX Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2018, á Agrupación Teatral Mariñán:
Ou por correo postal á dirección:
Agrupación Teatral Mariñán
Rúa Compostela, no 5, 2o C.
15160 Sada, A Coruña.

O prazo límite para a presentación da documentación conclúe o 30 de novembro de 2017.

A organización aboará a cantidade de 400 € a cada grupo seleccionado para o Encontro en concepto de dietas por participación.

Más información:

FICHA de inscripción (WORD) en este enlace

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Somos defensores de la libertad de expresión siempre y cuando vaya firmada. No se admiten comentarios anónimos.