lunes, 4 de marzo de 2019

IV Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Zas 2019 “LABARTA POSE” para grupos de Galicia. ESPAÑA


Convocase a IV Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Zas 2019 na que poderán participar todos os grupos/compañías de teatro afeccionado de Galicia.

Para poder participar deberase facer chegar:
  • Ficha de inscrición da compañía/grupo de teatro afeccionado (Anexo I das BASES) e documentación que se require nel.
  • Ficha de inscrición da obra (Anexo II das BASES)

Será por conta dos grupos participantes a autorización do/a autor/autora da obra.
Os dereitos de representación das obras presentadas, se así fose necesario, correrán a cargo dos grupos participantes.

Deberase facilitar, xunto coas fichas de inscrición (Anexos I, II e III das BASES) a documentación indicada nas BASES

As solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello de Zas ou en calquera dos
medios indicados no art. 16 da Lei 39/2015.

Cando a documentación se envíe por correo certificado, o/a solicitante deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao Concello de Zas a remisión da inscrición mediante fax ao número 981.751.142 ou correo electrónico (mostrateatrozas@gmail.com) no mesmo dia (achegarase copia de correos).

No caso de enviala por correo certificado, o enderezo postal é o seguinte:
III MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO CONCELLO DE ZAS “LABARTA POSE”
Concello de Zas
Praza do Campo No 1
15850 - Zas, A Coruña

O prazo de inscrición comeza a contar dende o día seguinte á publicación no BOP, sendo o prazo límite de inscrición e entrega da documentación o 20 de febreiro de 2019.

As funcións de presentación das obras finalistas seleccionadas na IV Mostra de Teatro do Concello de Zas, realizaranse durante os sábados, 23 e 30 de marzo, 6, 13 e 27 de abril de 2019, sendo o domingo 9 de xuño a entrega de premios da Mostra.

O lugar de representación das obras finalistas distribuirase entre o Auditorio do
pavillón polideportivo de Baio e o Auditorio da Casa do Concello de Zas.

Establécense os seguintes premios:
  • Premio á mellor obra elixida polo xurado, dotado de 900 €, trofeo e diploma acreditativo.
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado, dotado de 800 €, trofeo e diploma acreditativo.
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado, dotado de 700 €, trofeo e diploma acreditativo.
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado, dotado de 500 €, trofeo e diploma acreditativo.
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado, dotado de 400 €, trofeo e diploma acreditativo.
  • Premio á mellor obra elixida polo público: ( o espectáculo coa puntuación media máis alta), dotado de 200 €, trofeo e diploma acreditativo.
  • Premios ao mellor actor e á mellor actriz, consistente nun trofeo e diploma
  • acreditativo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Somos defensores de la libertad de expresión siempre y cuando vaya firmada. No se admiten comentarios anónimos.