viernes, 18 de julio de 2008

VII Muestra de teatro Aficionado del Condado, Fornelos, Pontevedra. ESPAÑA

Los amigos de la ASOCIACIÓN CULTURAL SOLPOR, de Fornelos, Salvaterra de Miño, Pontevedra; nos mandan una información sobre un certamen de Teatro Aficionado, que os trasladamos en los mismos términos que lo hemos recibido.

Un ano máis, grupos de toda Galicia chegan á Carballeira das Fraguiñas.
A VII Mostra de Teatro Afeccionado do Condado xa ten o programa de actos

A Mostra de Teatro Afeccionado do Condado, Móstrate, chega este ano á súa VII edición, traendo novamente grupos de teatro afeccionado de toda Galicia á Carballeira das Fraguiñas, en Fornelos, Salvaterra de Miño.

A Mostra pretende acercar o teatro afeccionado galego ao público en xeral, cunha actividade ao aire libre, con entrada libre e gratuita que se pode considerar única en Galicia.

Este ano a Mostra decorrerá entre os días 23 e 26 de Xullo, con todas as actuacións ás 22:30h e con grupos de Vigo, Narón, Coruña e Moaña.
O programa é o seguinte:

MÉRCORES 23, ás 22:30h: TARANTELA TEATRO, de Vigo, coa obra: Vostede ten ollos de muller fatal.
XOVES 24, ás 22:30h: ATURUXO DE MELPÓMENE, de Narón, coa obra: Cometa, cometa, ...
VENRES 25, ás 22:30h: SAL-MONELA TEATRO, de A Coruña, coa obra: A cea dos idiotas
SÁBADO 26, ás 22:30h: AVRESNO TEATRO, de Moaña, coa obra: Historias íntimas do paraíso

Polo esceario da Carballeira das Fraguiñas xa pasaron grupos de todas as provincias galegas, con obras de recuncaron grande éxito entre o público. Tamén viñeron á Mostra diversos números para os máis pequenos.

A organización tamén conta cun blog, onde informarse sobre as últimas novidades sobre a Mostra:
www.blogoteca.com/mostrate


Más información:
Marcos Ojea
Responsable de Prensa da Asociación Cultural Solpor
Teléfono: 647.209.775

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Somos defensores de la libertad de expresión siempre y cuando vaya firmada. No se admiten comentarios anónimos.