miércoles, 17 de octubre de 2012

IIV Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2013, A Coruña. ESPAÑA


Convócase o IIV Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2013, organizado pola Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos.

O Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos terá lugar no mes de febreiro de 2013. Máis concretamente os sábados 2, 9, 16 e 23 de dito mes.

O lugar de tódalas representacións será a Aula Municipal de Cultura situada nos baixos do Edificio Liceo (praza de Galicia nº 1) ás 20 horas

Dado o seu carácter, o Encontro só está aberto a grupos de teatro afeccionado.

Cada grupo pode presentar o número de obras que desexe, das cales só poderá ser seleccionada unha.

As obras poderán ser representadas tanto en galego como en castelán e deberán ter unha
duración mínima de 60 minutos.

Non se poderán presentar obras seleccionadas en edicións anteriores deste certame. Pola contra, sí poderán participar compañías que teñan participado en anos anteriores.

Toda compañía que desexe participar no Encontro deberá enviar á Agrupación Teatral Mariñán a documentación indicada nas BASES
Por correo electrónico á dirección: agrupacionteatralmarinan@gmail.com
Ou por correo postal á dirección:
Agrupación Teatral Mariñán
Rúa da Marina, nº 51, 4º.
15300 Betanzos, A Coruña.
Especificando: IV Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos.

O prazo límite para a presentación da documentación conclúe o 30 de novembro de 2012.

Os membros da Agrupación Teatral Mariñán encargados da organización seleccionarán de entre tódalas solicitudes presentadas aquelas que conformarán a programación do IV Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2013 e acordará con cada compañía a data da súa actuación.

A organización abonará a cantidade de 300 € a cada compañía participante no Encontro en concepto de dietas por participación.

Mais información nestes enlaces:

2 comentarios:

Somos defensores de la libertad de expresión siempre y cuando vaya firmada. No se admiten comentarios anónimos.