Convocase o II Festival Galego de Teatro Amador EstéNarúa 2014, que se
celebrá en Ferrol o 24 e 25 de Maio de 2014
O Festival de Teatro Amador ten como ámbito a Comunidade Autónoma de Galicia, máis na súa segunda edición, adquirirá un ámbito tanto Nacional coma Internacional debido as novidades engadidas no Programa do Evento .
Poderán participar:
Persoas ou
Grupos Teatro:
- Poderán participar todos aqueles grupos de teatro amador de Galicia
que acepten as condicións reflectidas nas bases.
- Poderéran participar todas aquelas persoas que o desexen de xeito
individual, sempre e cando pertenzan algunha agrupación teatral de
carácter afeccionado/amador.
- Na edición do ano 2014 establécese un número máximo de 13 grupos.
Programadores/as e Técnic@s Culturais:
- Poderán participar @s Programadores/as Técnic@s Culturais en
representación de calquera Concello.
- Deberán aboar por persoa de 49 € antes do 15 de Maio (En concepto
de Aloxamento, Xantar, Cea, Almorzo e Picnic.)
Modalidade Única: Espectáculos curtos (sketchs):
Non sobrepasarán os 15 minutos de duración e presentaránse en espazos abertos da cidade de Ferrol, dentro dun percorrido deseñado pola Organización. A Asociación Cultural e Ártistica Ti e máis eu Teatro é a encargada do Festival “EsténNarúa”. (No caso de que haxa inclemencias meteorolóxicas, as actuacións trasladaránse a espazos cubertos).
O II Festival de Teatro Amador EstéNarúa terá lugar os días 24 e 25 de Maio de 2014 en Ferrol.
Poderanse presentar todos aqueles espectáculos que teñan en marcha os grupos participantes.
As obras presentadas desenvolveranse, preferentemente, en galego.
Cumprimentarase o Formulario de Inscrición telemático antes do 15 de Abril
A gravación das montaxes enviarase, como indican as BASES, mediante correo ordinario certificado a o noso domicilio social, ou poderase remitir por outros medios de carácter telemático, Dropbox, enlace Youtube, etc.. antes do 15 de Abril
Datos para os envíos:
ASOCIACIÓN CULTURAL “TI E MAIS EU TEATRO”.
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 16 Baixo, porta 1
15401 FERROL.
Outros datos da asociación:
Páxina web: www.tiemaiseuteatro.com
Correo electrónico: tiemaiseuteatro@yahoo.es
TELEFÓNOS: 677893176 (Fina.) 677776342
(Ángeles.).
BASES completas e fichas de inscripción nestes
enlaces
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Somos defensores de la libertad de expresión siempre y cuando vaya firmada. No se admiten comentarios anónimos.