jueves, 6 de noviembre de 2008

A compañía FEMME FATALE presenta "VARADAS" en Ferrol, España.

A COMPAÑÍA FEMME FATALE PRESENTA "VARADAS" EN FERROL.
FORMAN PARTE DA MONTAXE TRES ACTRICES DA FERROLTERRA

AS PANTASMAS DUN CABARÉ ENCHERÁN A ANTIGA CAPELA DO CENTRO CULTURAL TORRENTE BALLESTER.

Que nos contarán as pantasmas dun cabaré?
Detrás desta pregunta atópase "Varadas", a nova montaxe da Compañía Femme Fatale de achegarse ao cabaré dende unha perspectiva contemporánea."Varadas" é unha obra coa estética e xeitos narrativos do cabaré, pero incorporando novos recursos como a danza contemporánea, a performance ou monólogos postos ó servizo da poesía, nun canto de visibilidade e de denuncia ó habitual xeito coa que a muller aparece no mundo do cabaré.

A obra, que forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios será representada no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, o vindeiro venres 7 de novembro, dende as 20:30 do serán.

A capela do Centro Cultural Torrente Ballester encherase entón de pantasmas. Pantasmas ós que dan vida as actrices da Compañía, entre as que atopamos a dúas actrices de Ferrol (Cris Mariño e María Polo) e outra de Narón (Eva Arias) formadas dúas delas na Escola Municipal de Teatro de Narón.Completan o elenco actrices como Yolanda Paz, María Manero ou Débora Botana.

A obra está escrita e dirixida por Nelson Quinteiro, quen ademais desta compañía dirixe o Festival Galego de Cabaré, que vén de presentar a súa terceira edición na cidade da Coruña.
Decorada con pinturas murais do pintor coruñés Tabo Ayala e cun deseño de luz e son de Jesús R. Arias, "Varadas" promete non deixar indiferente ó espectador nos 75 minutos que dura a función.

Un cabaré novo, contemporáneo e definitivamente poético.

Más INFORMACIÓN
www.myspace.com/ciafemmefatalewww.terceirope.blog.com
666014494
info@cabare3.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Somos defensores de la libertad de expresión siempre y cuando vaya firmada. No se admiten comentarios anónimos.