sábado, 10 de diciembre de 2011

Concurso de Sketches de humor, en idioma gallego, de la televisión de Galicia

O programa Luar da Televisión de Galicia convoca a primeira edición do concurso “SKETCHES HUMOR” en idioma Galego

Os participantes seleccionados no concurso “SKETCHES HUMOR” aceptan que a súa participación estea rexida polas seguintes BASES :

1. Poderán participar os maiores de 16 anos que se inscriban formando grupos de DOUS ou TRES membros. A retirada dun dos compoñentes suporá, no caso do dúo, a eliminación do grupo do concurso.
2. A Dirección do Programa fará unha selección previa dos candidatos mediante probas ou visionando os videos recibidos, tanto por correo postal como a través dun enlace habilitado ao efecto na web da Crtvg: http://www.crtvg.es/videos-luar/  
3. A inscrición será gratuíta. Os concursantes non terán dereito a contraprestación económica ningunha. A Televisión de Galicia cubrirá os gastos de desprazamento e catering.
4. Os concursantes comprometeranse a presentarse no lugar e durante o tempo que se lles sinale para efectuar os ensaios previos á interpretación en directo.

Mecánica do concurso
5. En cada programa competirán dous grupos (dúo ou trío) representando un “sketch” humorístico, en idioma GALEGO, elaborado polos concursantes e aprobado pola dirección do programa, dunha duración máxima de CATRO minutos.
6. Os concursantes aportarán o vestiario e os elementos que consideren da escenografía. O programa poderá completa-lo atrezzo se fose necesario. Os efectos sonoros ou músicas de fondo -no caso de que se precisaran- serán aportados polos concursantes ben en formato CD ou nun arquivo de audio. Na iluminación primará o criterio dos técnicos do programa, atendendo á calidade precisa para a emisión.
7. As interpretacións serán valoradas por un xurado composto por tres personaxes de recoñecido prestixio, vinculadas ó mundo do espectáculo.
8. Unha vez nomeado o xurado, os concursantes declararán, non ter ningunha vinculación familiar en primeiro grado con ningún dos membros que forman o xurado.
9. A Dirección do Programa poderá, no caso de causa maior e imposibilidade de asistencia de algún ou algúns dos membros do xurado, nomear un substituto ou substitutos que pasarán a formar parte do xurado, sempre coa mesma condición de non ter vinculación familiar cos concursantes.
10. O resultado das valoracións será comunicado durante a emisión do programa, e incorporaráse a unha táboa clasificatoria na que figurarán os concursantes de cada fase, en orde de maior a menor puntuación Clasificación
11. No concurso poderá haber cantas fases decida a Dirección do Programa atendendo a criterios de audiencia.
12. Na primeira fase participarán tódolos concursantes e ao remate da rolda pasarán á seguinte fase os mellor puntuados. O número de concursantes que promocionen será determinado pola Dirección do Programa atendendo ás necesidades de programación.
13. Nas seguintes fases participarán os concursantes promocionados e comezará unha nova táboa clasificatoria partindo as puntuacións de cero.
14. Ó remate, os concursantes mellor puntuados quedarán seleccionados para competir en semifinais e final.

Premio
15. O concurso ten como premio unha dotación económica de 5000 € para o gañador e 2000 € para o segundo clasificado, que estarán suxeitas ás correspondentes retencións do IRPF.

Disposicións xerais
16. Os concursantes ceden tódolos dereitos de imaxe a Televisión de Galicia.
17. A participación no concurso supón a plena aceptación destas bases. A súa interpretación ou calquera aspecto non previsto nelas será competencia exclusiva da Dirección do Programa.
18. A Dirección do Programa resérvase o dereito de modificar ou suspender o concurso temporal ou definitivamente cando as necesidades de programación e/ou audiencia así o aconsellen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Somos defensores de la libertad de expresión siempre y cuando vaya firmada. No se admiten comentarios anónimos.