viernes, 9 de mayo de 2008

Federación Gallega de Teatro Aficionado (FEGATEA)


El tejido asociativo del Teatro aficionado contribuye notablemente a la difusión del teatro no profesional. Por eso tenemos especial interés en facilitar información de estas asociaciones. En nuestro blog le dedicamos un apartado espécifico de enlaces a estas asociaciones. Pero además, de vez en cuando, os trasladaremos sus declaraciones de principios, noticias o actividades para que les conozcais mejor. Hoy toca el turno a la FEDERACIÓN GALEGA DE TEATRO AFECCIONADO. Os trasladamos el comentrario “QUENES SOMOS” (Quienes somos) que figura en gallego, en su página web. La trascripción es literal.

QUENES SOMOS

O teatro afeccionado está inmerso na actualidade nun proceso de procura dos seus dominios de traballo tanto no plano formal, como no temático e no espacial, sabendo que cada un ten azos e necesidades diferentes. Con ese convencemento e aspirando a solucionar os problemas que lles son comúns, algunhas das agrupacións teatrais máis dinámicas e estábeis xuntáronse en 2001 baixo a plataforma da Federación Galega de Teatro Afeccionado. Non foi este un logro menor, a unión do teatro afeccionado fora historicamente unha empresa abocada ao fracaso, por iso e concibíndoa como a nosa gran festa anual, a FEGATEA promoveu case de inmediato a creación en 2002 da mostra máis relevante das existentes, o FESTIVAL AGUSTÍN MAGÁN, unha cita ineludíbel en Compostela cada mes de decembro.

A FEGATEA, creada por sete grupos de teatro (Asociación de Mulleres de Moaña, Atrezo, Aurín, Ditea, Escoitade, Metátese e O Trasno), foi asentándose de vagar, consolidando un labor e unha presenza entre as administracións e nos foros de expresión, de información e de debate que a fixeron experimentar unha progresión sen parangón entre as federacións que compoñen a CETA (Confederación Española de Teatro Amateur), da que é unha das súas asociadas máis activas como ben quedou demostrado na organización do ENCONTRO ESTATAL DE TEATRO AFECCIONADO celebrado en Narón en Novembro de 2005.

Desde a Federación trabállase na consecución das que son agora mesmo algunhas das tarefas máis urxentes nese camiño de normalización e asentamento do teatro amador: un circuíto de exhibición estábel, a creación de novos festivais en diferentes cidades e vilas, a programación de cursos de formación e a organización de xornadas e congresos que propicien a toma de acordos e a cooperación entre os diferentes sectores sociais, así como o estabelecemento de nexos de unión co teatro escolar, universitario e profesional de Galicia..

Froito destes esforzos póñense a andar CURSOS DE TEATRO (interpretación, maquillaxe, iluminación...) no que os asociados teñen unha acollida preferencial. A FEGATEA promove cada mes de decembro FEGATEA MÓVETE, un ciclo de teatro que se celebra simultaneamente en tres concellos de tres provincias, no que participan os seus grupos federados. Desde decembro de 2006, coincidindo coa celebración do Festival Magán, celébranse en Compostela as XORNADAS DE TEATRO AFECCIONADO da FEGATEA, cita ineludíbel dos amadores do teatro para debater con calma sobre os nosos asuntos. Desde 2007, froito das súas xestións coa Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e do estabelecemento conxunto dun completo e fiábel catálogo de compañías e asociacións, están en marcha unha serie de mostras e ciclos teatrais que procuran dar visibilidade a todas as actividades escénicas de carácter amador que se fan no nosos país e que, xunto coas que existían anteriormente, contan cun apoio decidido da Dirección Xeral e están chamadas a constituír un verdadeiro CIRCUÍTO ESTÁBEL de exhibición.

Son estas e outras moitas por realizar as motivacións que nos moven a seguir medrando para dar cabida a todo o teatro afeccionado galego que teña a necesidade de defender conxuntamente os seus dereitos, reivindicar as súas aspiracións e participar decididamente na construción do seu futuro.

Información de contacto:
FEDERACIÓN GALEGA DE TEATRO AFECCIONADO
Rúa do Pombal,17 Baixo
(Santiago de Compostela)
CIF G-15810039

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Somos defensores de la libertad de expresión siempre y cuando vaya firmada. No se admiten comentarios anónimos.